A Garda Civil realizou unha persecución de película este martes en Coristanco. Tratábase de deter a unha escurridiza parella de coñecidos delincuentes carballeses, presuntamente relacionados con diferentes roubos. Así como cun episodio dun presunto atentado contra a autoridade, ao agredir a un dos gardas nun operativo anterior. A persecución derivou en varios episodios arriscados e perigosos contra a seguridade do tráfico e a integridade física dos axentes, chegando a chocar o coche do fuxidos don outro turismo nunha rotonda.
A partir de aí, o estado do turismo dos delincuentes xa non contaba coas mesmas características para fuxir, polo que acabou parando, e os suxeitos detidos. Ao parecer, da parella, a muller podería ser a condutora e o home o acompañante.
Trasladados ambos aos calabozos policiais, tras a correspondente análise médica realizada nestes casos, a moza fuxiu do centro de saúde de Carballo, campo a través en zapatillas e pixama, segundo varis testemuñas que quedaron literalmente impactadas ao ver cruzar unha moza con esa indumentaria polas leiras próximas. Acto seguido montouse un dispositivo de procura para tratar de localizala e volver detela.
En Carballo tamén se investigan as causas doutro estraño suceso, unha saída de vía dun coche na Avenida de Bergantiños cun mozo atrapado e ferido. Segundo transcendeu o turismo atópase sen seguro nin ITV, polo que de momento ninguén se fixo cargo del e continúa no lugar do accidente.