Carballo | Trenor reúnese coa cúpula provincial de Protección Civil


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo un encontro en Carballo coa nova directiva da Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña. Esta entidade ten por obxectivo unir a todas as entidades de voluntarios da provincia para acadar unha maior efectividade en defensa dos seus intereses. Na reunión estivo presente o novo Presidente, Juan Manuel Barca, e os membros do seu novo equipo directivo.

Trenor destacou o importante traballo destes voluntarios no reforzo dos servizos de emerxencias da comunidade e puxo en valor a labor altruísta que demostran no seu traballo do día a día acudindo sempre que se lles pide axuda.

O representante do Goberno autonómico apuntou que a colaboración da Xunta cos concellos coa dotación dun equipamento adecuado aos servizos municipais de emerxencias permite que poidan realizar o seu traballo nas mellores condicións e garantir a seguridade dos seus efectivos.