Os servizos sanitarios de urxencia atenderon a tres persoas feridas por un incendio declarado no alpendre anexo a súa propiedade, no lugar de Requeixo, na parroquia de Bértoa, en Carballo.
En concreto, tres persoas tiveron que ser evacuadas por queimaduras ao hospital, mentres que os bombeiros fixeron fronte a un lume que afectaba a estrutura.
A alerta no 112 Galicia recibiuse preto das dúas da madrugada deste domingo e permitiu activar un operativo para sufocar un incendio que comezou na cheminea dun pendello. Foi a esa hora cando un dos moradores da vivenda chamaba para pedir axuda.
Tras recibir o aviso, os xestores do 112 informaron da situación aos profesionais sanitarios, ao Bombeiros de Carballo e aos axentes da Garda Civil, a Policía Local e ao servizo de Protección Civil da localidade.
Finalizadas as tarefas de extinción, ás 03:00 horas, os bombeiros confirmaron que ardeu a estrutura a causa dun incendio que comezou na lareira que tiña no seu interior.