Carballo | Últimas prazas para o curso de poda do programa ‘Catro estacións’

1 minutes read

ACTUALIZACIÓN: Prazas esgotadas.

Despois do éxito que acadou a campaña experimental ‘Presume de xardíns’, que encheu de cabazas decoradas diferentes zonas verdes da zona urbana, o Concello de Carballo volve a propoñer novas actividades de educación medioambiental dentro do programa ‘Catro estacións’. A primeira do ano será un curso de poda en colaboración co Consello Parroquial de Berdillo e aínda queda prazas libres.

As persoas interesadas poden enviar os seus datos a comunicacion@carballo.gal ou ao número 604072887. Dada a demanda haberá dúas quendas: unha o día 19 e outra o 26. O horario será de 10.00 a 13.00 horas. A adxudicación de prazas farase por orde de solicitude.