20
A todas as obras hidráulicas levadas a cabo polo Concello de Carballo, que xa superan os tres millóns de euros de investimento, sumouse a traída de auga desde Santa María de Ardaña ata Canosa (Rus), que fora adxudicada á empresa Escavacións e Obras Candal S.L. por 278.034,65 euros. O proxecto permite abastecer de auga os lugares da Igrexa, Quintáns, Barís, O Val, O Pedreiro e Canosa. As obras están practicamente terminadas e os operarios afánanse en establecer as conexións entre a liña xeral e as acometidas ás vivendas. Preto do 90% dos veciños e veciñas do lugar mostráronse interesados/as no servizo, polo que dispoñerán en breve do novo suministro de auga potable municipal.