O sinistro aconteceu ás 11:00 da mañá deste sábado nun punto “quente” desta estrada, polo alto índice de accidentes que nel se producen, no que a velocidade está limitada a 50 quilómetros por hora. Un turismo da marca Ford circulaba dirección a Santiago, outro da marca Audi dirección a Carballo, ambos chocaron frontalmente no quilómetro 8 da DP-1914, á altura da ponte de Taboada, na parroquia carballesa de Entrecruces. Tras o impacto os coches quedaron ocupando os dous carrís de circulación e polo tanto a estrada totalmente bloqueada en ambos sentidos, motivo polo que se produciron importantes retencións de tráfico. A peor parte levouna o condutor do turismo Ford que tivo que ser evacuado en ambulancia ao hospital. Unha vez pasada a alerta polo 112 Emerxencias Galicia ao lugar desprazáronse dúas ambulancias e a Garda Civil de Tráfico. Estos últimos instruíron dilixencias e investigan as causas nas que se produciu o sinistro.
0