Un veciño de Carballo con diferentes problemas sociais e vello coñecido dos servizos de seguridade provocou a última hora da mañá deste xoves a mobilización das forzas da orde ao atrincheirarse no interior da vivenda onde reside tras, presuntamente, provocar lume na mesma. Dada a voz de alarma ao saír fume por unha das xanelas e pasada unha alerta polo 112 Emerxencias Galicia ao lugar desprazouse a Policía Local, pero ante a negativa do home a facilitar o acceso tamén foi precisa a intervención de Protección Civil e dos Bombeiros, quenes accederon pola xanela da vivenda, un primeiro piso situado na rúa Santa María. Unha vez inmobilizado, o residente foi atendido polos servizos médicos. Os veciños da zona mostran a súa preocupación polos diferentes episodios de inseguridade que este home, de mediana idade, provoca na zona sobre todo ultimamente de forma reiterativa, tombándose na rúa, lanzando todo tipo de obxectos pola xanela e mostrándose ameazante contra eles.
39