Pasadas as dúas da tarde deste luns produciuse un incendio forestal no límite da parroquia carballesa de Bértoa coa de Verdillo. O 112 pasou a alerta aos servizos de extinción de Medio Rural que enviou á zona dous helicópteros e tres camións motobomba acompañados doutras tantas brigadas que traballaron coordinadas para controlar o lume. Varios veciños, algún co seu tractor a golpe de rozadora, sumáronse ao operativo para tratar de cortar o paso do incendio ás plantacións forestais existentes no lugar. Os traballos prolongáronse durante varias horas para evitar que o lume se reavivase, aínda así se viu afectada máis dunha hectárea de monte.
Carballo | Un incendio entre Bértoa e Verdillo pon en alerta a veciños e brigadas de extinción
Camión motobomba ubicado na estrada principal que une Bértoa con Verdillo.