41
A máquina agrícola atopábase realizando labores de mantemento no monte, cando por causas que se investigan empezou a arder. Ao lugar desprazáronse os bombeiros de Carballo, pero xa nada puideron facer por salvar o tractor do lume. Ao ser un monte alto, a fumareda era visible desde varios lugares da contorna. O 112 Galicia tivo información sobre este suceso pasadas as sete da tarde mediante a chamada de aviso dos Bombeiros de Carballo, que, a maiores dos Bombeiros de Santa Comba, contaron coa axuda dos efectivos do distrito forestal da zona e dos axentes da Garda Civil e Policía Local.