37
O 112 pasou o aviso minutos antes das tres da tarde deste xoves, J.A. Rodríguez Cancela era atopado tirado nas escaleiras da vivenda onde residía cos seus pais e un irmán, no lugar de Taboada, na parroquia de Entrecruces. De urxencia foi mobilizada ao lugar unha ambulancia medicalizada e unha patrulla da Garda Civil, pero a súa chegada tan só se puido certificar a morte do mozo, duns 40 anos. Todo apunta a que podería haberse sentido indisposto e caer polas escaleiras, pero, será a autopsia e a investigación policial a que determine con certeza as causas exactas da súa morte.