Carballo | Un traballador perde unha man nun accidente laboral no polígono de Bértoa

1 minutes read
@HelicoSantiago

Un traballador dunha empresa situada no polígono de Bértoa en Carballo perdeu unha man mentres traballaba cunha máquina. Os feitos ocorreron á primeira hora da tarde deste luns nunha nave da rúa Madeira. A rápida actuación dos seus compañeiros de traballo e dos servizos de urxencia desprazados ao lugar propiciou a recuperación da man amputada así como a atención inmediata ao ferido, un home de 50 anos de idade. O 112 Emerxencias Galicia mobilizou ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela e en poucos minutos o traballador foi evacuado do punto na aeronave. Tamén se pasou aviso a Protección Civil, Garda Civil, Bombeiros e Policía Local.