Carballo | Unha disputa no centro médico mobiliza ás forzas da orde

1 minutes read

Xa bastante temos cos efectos do coronavirus tanto os cidadáns de a pé, as forzas da orde e por suposto os funcionarios sanitarios, como para complicarnos máis o día a día. Pois iso foi o que ocorreu á primeira hora da mañá deste mércores no centro médico de Carballo. Unha parella que foi solicitar unha cita para un menor que lles acompañaba, comezou a discutir ata chegar ao momento de que, segundo unha testemuña, a moza agrediu ao mozo dentro do centro. O persoal presente requiriu presenza policial e no lugar presentáronse dúas patrullas da Garda Civil, pero os suxeitos xa se foran á chegada da autoridade. O persoal sanitario reclama máis seguridade na contorna do centro, indicando que «se se pegan entre eles, que non farán connosco». En calquera caso trátase dun acto puntual e illado.