Carballo | Unha pelexa na rúa Perú acaba cun mozo ferido

As forzas da orde acuden con frecuencia á zona para controlar este tipo de quedadas.

O altercado, un máis, tivo lugar á última hora da noite deste venres nas inmediacións do Centro Comercial Bergantiños, na zona da rúa Perú. Trátase dun punto quente onde se reúnen a miúdo varias cuadrillas de mozos, moitos deles menores de idade, tanto na contorna da área comercial como dos locais de hostalería existentes na zona. Nesta ocasión un mozo resultou ferido tras unha disputa e tivo que ser atendido. Ao lugar acudiron as forzas da orde que interviñeron na identificación dalgúns dos presentes, aínda que a pelexa xa se disolvera. As forzas da orde acoden con frecuencia á zona para controlar este tipo de quedadas.