Carballo | Unha planta aromática como agasallo por participar no programa de compostaxe doméstica

Concello de Carballo

  • A iniciativa, que conta coa colaboración da empresa Dixardín, desenvolverase coincidindo coas feiras desta semana

Carballo leva sete anos poñendo en marcha o programa de compostaxe doméstica para vivendas da zona rural, no que participan máis de 500 familias; pero desde hai case doce meses tamén se leva a cabo a iniciativa “Ti tes a chave”, con máis de 1.200 familias e establecementos colaboradores. Desde o Concello destacaron que «grazas á implicación da veciñanza, dende xuño do 2020 conseguimos converter en compost 450 toneladas de residuos orgánicos».

Para agradecer a colaboración deste «voluntariado verde imprescindible para que o noso concello siga a ser unha referencia en compostaxe, esta semana entregaremos unha planta aromática a cada familia». Nesta iniciativa colabora o centro especial de emprego Dixardín, responsable do mantemento das zonas verdes do concello de Carballo.

Para a recollida da planta todas as persoas que o desexen poderán achegarse este xoves ou o domingo pola carpa que terá instalada o Concello, de 10:30 a 13:30 horas na rúa Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha