Carballo | Unha queima de restos no lugar da Grela mobilizou aos servizos de emerxencia

1 minutes read

A zona do pavillón abandonado ubicado no lugar da Grela sufriu na tarde deste domingo unha nova alerta por incendio. O 112 Emerxencias Galicia mobilizou aos bombeiros de Carballo, a Protección Civil, á Garda Civil, así como aos efectivos de loita contra o lume da Consellería do Medio Rural. Había restos diversos enseres e lixo, ademáis de pneumáticos e unhas cepas dunhas árbores, na explanada de diante do pavillón, e tamén afectou a unha pequena parte de matogueiras. Os equipos de urxencia tiveron que extinguir o lume e refrixerar o perímetro circundante, con 2.000 litros de auga, para evitar que se volvese a reiniciar.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?