Por unanimidade, no pleno deste mes saíu adiante a aprobación definitiva do plan especial de infraestruturas e dotacións en solo rústico que fará posible a construción dun edificio no terreo elixido pola veciñanza de Goiáns. O ámbito do plan está conformado por dúas parcelas situadas na zona coñecida coma O Chaquel, en Xoane, que suman 3.583 metros cadrados. Unha vez modificada a clasificación do terreo, o seguinte paso será a súa adquisición. O goberno municipal xa se puxo en contacto coa asociación de veciños de Goiáns para o inicio dos trámites, xa que, como se está a facer en todas as parroquias, o Concello de Carballo costeará o 50% e a veciñanza terá que financiar a outra metade. A Administración local tamén asumirá integramente a redacción do proxecto e súa execución.
49