Carballo | Vieiro fai balance das súas actividades cos orientadores dos colexios

Asociación Vieiro

Membros da directiva da asociación antidroga Vieiro reuníronse cos orientadores dos centros educativos de Carballo co fin de sumar na prevención das condutas adictivas no ámbito escolar. A entidade aproveitou as xuntanzas para lembrar as iniciativas que ten en marcha nos colexios a través da colaboración das administracións públicas, ademais de facer balance dos resultados de pasadas edicións.

As reunións tiveron lugar o 21 e 26 de setembro. No primeiro encontro a directiva de Vieiro tivo contacto con responsables do departamento de Orientación dos colexios CEIP Fogar, Nétoma-Razo e CRA Ponta da Pedra, o CEIP San Luís Romero e o CPR Artai; mentres que no segundo participaron os orientadores dos institutos Alfredo Brañas, Isidro Parga Pondal e Monte Neme.

Desde Vieiro agradecen a implicación do sector educativo na formación máis emocional dos seus alumnos grazas a iniciativas como ‘Na horta cos meus amigos’, ‘Creando saúde’ ou ‘Escola de familias’.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha