- O goberno local destina 70.000 euros ás entidades sociais do municipio
O Concello de Carballo financiará con 6.000 euros o programa para a prevención da exclusión social impartido pola asociación antidroga Vieiro. O alcalde, Evencio Ferrero, asinou este mércores un convenio de colaboración coa presidenta da entidade, Fina Rey, e outros membros da directiva.
As axudas directas outorgadas este ano polo Concello de Carballo ás entidades que desenvolven o seu labor no ámbito social achéganse aos 70.000 euros. Esta mesma semana a Xunta de Goberno Local aprobou outro convenio coa agrupación deportiva Un Paso Máis para financiar con 3.000 euros as actividades inclusivas que desenvolve a entidade.
A maiores figuran as subvencións anuais ás entidades sen ánimo de lucro, que suman 60.000 euros, e que lles permiten facer fronte a todo tipo de gastos.