Carballo volve participar, por quinto ano, no programa de Residencias Paraíso

PIXABAY

  • Trátase dun proxecto que impulsa a danza e a creación contemporánea en Galicia

O programa Residencias Paraíso cumpre cinco anos, e desde os seus inicios o Concello de Carballo colabora co Colectivo RPM, unha entidade independente dedicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia. A convocatoria correspondente ao 2021 está aberta ata o 14 de marzo, e o Pazo da Cultura volverá a abrir as súas portas para acoller e impulsar un dos oito proxectos artísticos que se desenvolverán nesta edición.

Unha das novidades desta edición é que o encontro anual celebrarase os días 24 e 25 na Illa de San Simón, onde se darán cita os artistas residentes e outras persoas convidadas para compartir as claves de cada experiencia e reflexionar de forma conxunta sobre temas transversais.

As residencias desenvolveranse entre maio e setembro. Máis información aquí.