Carballo | Volven os bailes para maiores cunha rolda de música en directo en sete parroquias 


A Concellaría de Terceira Idade retoma as tardes de baile para as persoas maiores, que estaban suspendidas dende o inicio da pandemia. No mes de outubro arrincarán unha serie de actuacións con música en directo que se celebrarán, nesta primeira rolda, nos centros sociais de distintas parroquias, e que continuarán despois, como viña sendo habitual, no Pazo da Cultura. Todas as sesións de baile celebraranse os sábados de 18.00 a 21.00 horas. Nesta primeira rolda coa música en directo do Dúo Marineda

Datas e lugares:

  • 1 de outubro: centro social de Ardaña 
  • 8 de outubro: centro social de Imende (Noicela) 
  • 15 de outubro: centro social de Oza 
  • 22 de outubro: centro social de Cances 
  • 29 de outubro: novo centro social de Bértoa 
  • 5 de novembro: centro social de Verdillo 
  • 12 de novembro: centro social de Sofán