Carballo volverá a participar no programa Proxecto Ríos

1 minutes read

O Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

XIV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrarase este ano en 35 concellos de toda Galicia, coa colaboración de distintas entidades e colectivos. A limpeza será o 26 de setembro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 35 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social, xa que manter limpos os cursos fluviais é imprescindible para garantir a súa saúde.

A limpeza está aberta á participación de persoas de todas as idades. Podedes inscribirvos enviando un mail a proxectoriosgaliza@gmail.com ou poñéndovos en contacto coa coordinadora da zona, María, no 651 482 305.