Carballo | Xa van 20 mortos por covid no xeriátrico de Pedra Furada

De momento, é o triste e tráxico resultado co que 20 familias de usuarios da residencia DomusVi carballesa se atopan. Alguén debería de dar explicacións. Entendemos que é unha pandemia mundial, pero tamén entendemos que é un centro privado, con atención medicalizada as 24 horas, onde os usuarios pagan para ter unha seguridade, hixiénica, alimentaria e sanitaria. Non sucedeu de súpeto, sucedeu máis de 10 meses despois de estar en prealerta, de saber o que pasaba nas residencias de Vigo, de Santiago ou de Vimianzo. Todos os traballadores e traballadoras do centro deberían estar chequeados a tempo e con garantías, tanto polo seu ben como polo ben dos demais. Ademais dos 20 mortos a día de hoxe hai máis de 100 usuarios e case 30 traballadores infectados. Non podemos seguir colocando a etiqueta de «patoloxías previas», a esas idades, quen non ten síntomas de algo. Necesitamos cribados masivos a todos os niveis, ou seguiremos lamentándonos diso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha