18
- A proposta está enmarcada no programa de actividades de Íntegro polo seu 30 aniversario
Este venres, ás 11.40 horas, o IES Monte Neme de Carballo acollerá a presentación dunha campaña especial de prevención medular grazas á entidade Íntegro. Esta iniciativa está enmarcada no programa de actividades conmemorativas polo 30 aniversario da asociación. Durante o acto proxectarase o vídeo ‘A ti tamén che pode pasar’.
Ao evento acudirán o presidente de Íntegro, Adolfo López Baña; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o Xefe da Unidade de Lesionados Medulares do CHUAC, Antonio Rodríguez Sotillo.