Carballo | Xornada informativa sobre a lesión medular, este venres, no IES Monte Neme

  • A proposta está enmarcada no programa de actividades de Íntegro polo seu 30 aniversario

Este venres, ás 11.40 horas, o IES Monte Neme de Carballo acollerá a presentación dunha campaña especial de prevención medular grazas á entidade Íntegro. Esta iniciativa está enmarcada no programa de actividades conmemorativas polo 30 aniversario da asociación. Durante o acto proxectarase o vídeo ‘A ti tamén che pode pasar’.

Ao evento acudirán o presidente de Íntegro, Adolfo López Baña; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o Xefe da Unidade de Lesionados Medulares do CHUAC, Antonio Rodríguez Sotillo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha