Carballo | Xornadas de divulgación sobre a píllara das dunas e o seu hábitat

Imagen de la píllara de las dunas_Concello de Carballo

  • A iniciativa desenvolverase esta fin de semana a pé de praia

O Concello de Carballo, en colaboración co grupo naturalista Hábitat e a asociación ambiental Senda Nova, ten programadas para esta fin de semana unhas xornadas de divulgación sobre a píllara das dunas nas que participarán axentes medioambientais, forzas de seguridade e colectivos ecoloxistas, como “principais garantes da conservación dunha especie ameazada que ten no noso litoral un dos seus principais hábitats”, sinalan desde o consistorio.

As xornadas celebraranse o sábado 29, de 16:00 a 19:00 horas, e o domingo 30, de 10:30 a 13:30. O punto de encontro será a contorna da escultura da píllara, en Razo.

A iniciativa xorde polo esforzo de concienciación que está a realizar o Concello para eliminar, ou polo menos reducir, as principais ameazas da píllara das dunas sendo “unhas máis importantes a presenza de cans soltos nos areais, como se reflicte nas conclusións da campaña de seguimento anual que realizan o grupo naturalista Hábitat e a asociación ambiental Senda Nova”.