Cáritas denuncia un calote en WhatsApp no que se emprega o seu nome

Foto.- Cedida.

Cáritas envía unha alerta sobre o calote que anda en redes sociais na que se emprega o seu nome. Varios dos seus usuarios recibiron mensaxes por WhatsApp en que, en nome da organización benéfica, se ofrecen axudas por 1.000 euros. Neste calote solicítanse números de contas bancarias onde supostamente ingresar os cartos.

Cáritas Lugo denuncia que varios dos seus usuarios recibiron estas mensaxes e quere insistir en que a organización nunca pide información persoal por redes sociais.

Ginés Plaza, director de Cáritas Lugo, di que se está a empregar o nome de Cáritas para pedir datos persoais e donacións de alimentos. Afirma que Cáritas non funciona así e que ante calquera dúbida se consulte nas súas páxinas web.

A organización insiste en que nunca pide información persoal por redes sociais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha