Carlos Barcia desvela a produción da música do anuncio da Mostra do Encaixe de Camariñas


O camariñán Carlos Barcia e o seu irmán Fran, fixeron público un vídeo no que Carlos desvela os segredos e curiosidades, con pelos e sinais, do proceso de composición da música que se utilizou de acompañamento no vídeo do anuncio da “XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña”. Un traballo espectacular, cunha produción moi lograda e en tempo record.