O estilita internacional Carlos Bardullas, natural da Ponte do Porto, deixou abraiado, outro ano máis, ao público da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña coa súa colección de tocados escultóricos imposibles feitos con pelo.
Para este ano Bardullas creou un desfile titulado ‘Sentimentos e emocións’, que se dividiu en tres partes. A primeira, ‘Son do Mar’, inspirada en Camariñas e nas súas xentes e representadas polas pezas ‘Alga’, ‘Concha’ e Brisa do Mar’.
A segunda, en homenaxe ao colectivo LGTBI, o estilista internacional ofreceu unha performance en vivo onde reivindica a tolerancia, o respecto, a empatía, a xustiza, o amor, a diversidade e a liberdade de pensamento e de sentir.
Nunha terceira, a maxia, as emocións e os sentimentos uníronse para formar esta nova colección representada por ‘Pasión’, ‘Fortaleza’, ‘Armonía’ e ‘Euforia’.
