O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este venres que o ata o de agora secretario xeral do Tesouro Público e Financiamento Internacional, Carlos Cuerpo, pasará a ser o novo ministro de Economía, en substitución da economista Nadia Calviño. Pola súa banda, a ministra de Facenda, María Jesús Montero, será quen a releve como vicepresidenta primeira, converténdose así na ‘número 2’ do Goberno. Os cambios necesarios chegan coa saída de Calviño, tras o seu nomeamento como presidenta do Banco Europeo de Investimentos (BEI) e que este próximo luns 1 de xaneiro toma posesión do cargo. O presidente non dubidou en destacar a «solvencia e honestidade» como trazos definitorios do novo ministro, ao que se referiu tamén como «un profesional novo pero de acreditada competencia».
24