Carlos e Javier Bardanca reivindican que as orquestras non caian no esquecemento


En condicións normais, os irmáns Bardanca, pasan moito tempo sen ver ás súas familias polo seu traballo, percorrendo infinidade de quilómetros para levar a súa música ao longo e ancho da xeografía galega, Carlos coa orquestra Los Satélites e Javier coa orquestra Trébol. A esta altura da tempada, ambos estarían posiblemente bastante máis distanciados do que realmente estiveron en tempos de confinamento polo Covid-19. Momento que aproveitaron para unir forzas e interpretar unha bonita canción a ritmo de trompeta para reinvindicar que o seu sector, o das orquestras, duramente castigado pola suspensión das festas pola pandemia, non quede no esquecemento dos gobernos e as administracións. Este foi o vídeo e a mensaxe que publicaron nas redes sociais, en colaboración con Miguel Tudela nos arreglos, José Somoza, mezcla e masterización e Juan Antonio Varela Moreira na elaboración do vídeo.

«Javi, como representación da orquestra Trébol, e o meu irmán Carlos Bardanca como representación da orquestra Los Satélites, fixemos este bonito tema nesta época de confinamento, para poñer o noso gran de area para reivindicar que o noso sector non quede no esquecemento do goberno nin das administracións, e acórdense de que as orquestras, necesitamos saber a que enfrontarnos canto antes, para reorganizarnos e poder seguir sobrevivindo que non vai ser fácil, pero co apoio de todos haber se pronto conseguimos gozar das nosas festas». Esperamos que vos guste. #Sinmusicanonhaivida