O Terra Culture Bar de Razo acollerá este sábado 1 de agosto, a partir das 23.00 horas, un concerto do cantautor coruñés Carlos El Norteño, nunha nova cita coa música en directo na Costa da Morte.
O artista será o encargado de poñer a banda sonora á noite de verán cun repertorio que combina temas propios e versións, nun formato próximo e pensado para gozar do ambiente á beira da praia.
Desde o establecemento convidan ao público a achegarse a Razo para desfrutar dunha velada musical nun dos locais de referencia da zona durante a tempada estival.
O concerto dará comezo ás 23.00 horas no Terra Culture Bar, situado en Razo (Carballo), con entrada libre ata completar a capacidade do local.