Carlos O Xestal xa forma parte do museo de arte pública de Carballo

Este mércores, pouco antes das tres da tarde, o autor do mural, Yoseba Muruzábal, asinou a súa obra. Despois de seis días de traballo, esa imaxe do Xestal tan icónica xa forma parte do museo de arte pública de Carballo co mural que decora unha das fachadas laterais da escola unitaria de Mirón, en Bértoa. A elección da parede non foi casual, o recinto da escola atópase no cruce das rúas Francisco Miguel e Carlos O Xestal, e este novo mural que achega a Concellaría de Promoción Económica e Turismo á programación do Ano do Xestal permite render homenaxe a dúas figuras que, sen ter as raíces en Carballo, están tan unidas, por distintos motivos, a el.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha