Carlos Sainz consegue a primeira vitoria da súa carreira na Fórmula 1


O piloto madrileño de Ferrari impúxose nunha accidentada carreira a ‘Checo’ Pérez (Red Bull), segundo, e a Lewis Hamilton (Mercedes), terceiro, tras unha parada en boxes aproveitando un ‘safety car’ a doce voltas para o final cando rodaba líder o seu compañeiro de equipo, Charles Leclerc. A carreira comezou cun horrible accidente de Zhou Guanyu (Alfa Romeo) provocado por George Russell. Houbo bandeira vermella e reiniciouse a carreira ao non completarse nin sequera o paso polo primeiro sector. Algo que beneficiou ao español xa que perdera a primeira posición en favor de Verstappen e decidiu no reinicio comezar con pneumáticos brandos ao comprobar a superioridade do seu rival.