Carmen Durán destaca no Congreso dos Deputados o éxito do Plan Galego de Vacinación

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, compareceu ante a Comisión de Investigación sobre a xestión das vacinas e o Plan de Vacinación en España, nunha intervención na que destacou o éxito do Plan Galego de Vacinación, co que o departamento sanitario galego puido cumprir con semanas de adianto os obxectivos fixados na Conferencia de Presidentes celebrada o pasado decembro e que foron enunciados polo Goberno de España.

Así, Galicia xa cumprira unha semana da celebración desa Conferencia o obxectivo que se marcou para finais de 2021 de ter vacinada coa terceira dose ao 80% da poboación de 60-69 anos; adiantouse un mes á meta marcada para a inoculación con dose de reforzo do 80% da poboación de entre 50 e 59 anos (conseguiuno o 23 de decembro fronte á data fixada de 24 de xaneiro) e case dous meses á data límite fixada para acadar o 80% da poboación de 40-49 anos con dose de reforzo (conseguido o 17 de xaneiro cando o obxectivo estaba fixado no 7 de marzo). Galicia tamén se adiantou aos obxectivos acordados a nivel nacional sobre vacinación infantil: fronte a un horizonte de chegar ao 70% deste grupo coa primeira dose o 7 de febreiro, Galicia logrouno o 15 de xaneiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha