Na súa elección foi determinante o apoio de José Tomé, o seu predecesor e actual deputado non adscrito tras pedir a baixa no PSdeG ao ser denunciado por acoso sexual e non renunciar á súa acta. Tomé votou ás 12:15 horas e menos de dez minutos despois a súa sucesora no organismo provincial, gobernado por un bipartito de PSOE e BNG, prometeu o cargo e recolleu o bastón de mando. Polo tanto, Carmela López foi escollida este mércores presidenta da Deputación de Lugo, foron 13 votos ao seu favor os que marcan a maioría.