Carmela Silva presidirá a nova dirección do PSdeG


A actual presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidirá a nova dirección do PSdeG baixo o liderado de Valentín González Formoso, tal e como se desvelou no Congreso que desenvolve o partido en Santiago. 

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, estará na Vicesecretaría Xeral do PSdeG e o concelleiro de Facenda da Coruña, José Manuel Lage, será secretario de Organización. O alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp, Alberto Varela, encargarase da Política Municipal e a exedil socialista de Ourense, Marga Martín, levará Política Social.

O Congreso remata este mércores co acto de clausura, no que intervirán o secretario xeral, Valentín González Formoso, e o secretario xeral do PSOE e presidente do goberno, Pedro Sánchez, logo de presentar aos novos membros da Comisión Executiva Nacional Galega.