Carmen Merelas, Premio Diego Bernal 2022

1 minutes read

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia, María Méndez, fixeron entrega, este xoves, do Premio de Xornalismo APG Diego Bernal 2022 á directora do diario coruñés La Opinión, Carmen Merelas.

Merelas afirmou que «non pode haber maior recompensa que a que che dan os teus compañeiros» e quixo compartir o premio «con todas esas compañeiras que, a pesar de ser maioría en moitas redaccións, vólvense invisibles á hora de optar aos postos de responsabilidade».

Feijóo, gabou o labor dos medios de comunicación galegos por facer un xornalismo útil, clave para manter unida á sociedade ante unha pandemia que illa, rompe as relacións sociais e os afectos. Destacou a traxectoria profesional da galardoada, “premio á versatilidade”, dixo, recordando ademais que Carmen Merelas é a primeira muller directora dun xornal galego. “Estamos a falar, en definitiva, dunha traxectoria profesional que acredita que fai un xornalismo útil”, concluíu.