Carmen Pomar reúnese cos directores de centros educativos da provincia da Coruña

Foto.- Moncho Fuentes

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, acompañada do seu equipo directivo, reuniuse coas persoas directoras dos centros educativos da provincia da Coruña, co obxectivo de analizar o transcurso do actual curso escolar. Ademais, déuselles resposta ás dubidas arredor da xestión do coronavirus.

Neste senso, explicóuselle aos directores que desde a Consellería se están seguindo estritamente as pautas marcadas polas autoridades sanitarias; e que toda a información é pública e accesible tanto no Portal da Dirección coma no Portal das Familias do web de Educación (http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus).
A xuntanza forma parte da ronda de reunións que se está levando a cabo nas catro provincias co fin de manter informadas ás direccións dos centros sobre o actual curso e sobre as novas convocatorias de cara ao próximo curso, así como para que teñan a oportunidade de resolver todas as dúbidas que consideren.