Carmen Riveiro, de Zas, Premio Artesanía de Galicia

A presidenta da Asociación Amigos do Liño, a zasense Carmen Riveiro, foi unha de galardoadas nos Premios Artesanía de Galicia que se concederon este luns en Santiago, recibiu o premio á súa traxectoria como tecedeira pero tamén ao seu labor na recuperación e promoción do tecido do liño. Carmen Riveiro mostrou a súa “sorpresa” por este recoñecemento, xa que, segundo indicou descoñecía que era unha das afortunadas. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, encargado de entregar estes premios, valorou o talento e a capacidade da artesanía de Galicia para xerar produtos con personalidade e valor engadido no mercado global. O titular do Goberno galego interveu no acto, ao que acudiu acompañado polo vicepresidente primeiro, Francisco Conde.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha