- Carmen Riveiro Ferreiro (Zas, 1949) leva o pulso da revolución do liño na Costa da Morte.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto, acompañados por parte da corporación provincial, encabezaron esta tarde a Gala de Premios culturais da Deputación na se homenaxearon as 12 persoas e entidades premiadas nas convocatorias do exercicio 2022. Así, subiron ao escenario do Teatro Colón a poeta Yolanda Castaño, os escritores Lois Pérez e Amador Castro, o grupo Mallou, as artesás Carmen Riveiro e Verónica Moar, a artista gráfica Myriam Gesalaga, os debuxantes e guionistas de banda deseñada Siqi Luis Yang, Uxía Larrosa e Francisco Pérez Villanueva, o fotógrafo Brais Lorenzo, e as representantes da Comisión de Igualdade do Ceip Barouta e da Federación de Redeiras Artesás O Peirao. Ao igual que na pasada edición, a luz foi o fío condutor do acto e protagonista de toda a escenografía, incidindo no simbolismo da luz que todas as persoas premiadas aportan á Cultura, e por tanto á sociedade. A Gala estivo presentada pola xornalista Marga Pazos, e contou coas actuacións da contadora Carmen Conda e música de Antía Muíño. Todas as persoas premiadas recibiron unha escultura creada ad hoc pola artista Soledad Penalta.