57
- David Oanes, veciño do lugar, foi o creador desta obra.
Carnés celebrará esta fin de semana as festas de San Cristovo cunha imaxe do propio santo a gran escala. O debuxo é obra de David Oanes, veciño do lugar, e forma parte dun mural que «pasará, para sempre, a ser patrimonio de Vimianzo», destacou a rexedora, Mónica Rodríguez, durante a presentación oficial do mesmo.
A imaxe foi unha petición do propio Concello e desde o goberno local agradecen tamén a colaboración do párroco D. Ramiro, Mari Vidal, membros da comisión de festas e Celestino e Aurora do Caldeireiro, propietarios da fachada onde está plasmada a obra.