O vindeiro 18 de xuño de 2023 terá lugar a XXX Carreira das Areas do Concello de Carnota. Será a sexta proba do VIII Circuíto Correndo pola Costa da Morte e está incluída no calendario oficial das competicións da FGA.
Unha cita que este ano virá acompañada por unha sesión de música con CONCERTOS. Trala entrega de trofeos, primeiro actuará o grupo galego “LEITE CON JALLETAS”, que amenizará o ambiente con versións do pop rock español de todos os tempos. Mentres, un paelleiro local, preparará tapas de paella gratuítas para todos/as os/as asistentes. E ao remate do concerto do grupo, chegará o turno para o DJ RUBÉN PB, que seguirá amenizando o día con música de todos os tempos e para todos os públicos.
DATOS
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (nados no 2020 e anteriores).
As INSCRICIÓNS xa están abertas https://correndopolacostadamorte.com/ ata as 23:59h do 13 de xuño de 2023. Non serán aceptadas inscricións fóra de prazo.
A ENTREGA DE DORSAIS realizarase o día da competición a partir das 8:30 na contorna do Hórreo de Carnota, onde será a saída e a meta.