Carnota movilízase para pedir o indulto do expresidente dos percebeiros de Lira

Un milleiro de persoas pediron en Lira (Carnota) o indulto para o expresidente dos percebeiros da localidade, Manuel Martínez Lustres. Debe ingresar en prisión por un suceso que tivo en lugar en 2013 cando, denuncia, tivo que defenderse do ataque duns percebeiros furtivos.

Anxo Gómez, socio da Confraría de Pescadores de Lira, explicou que a manifestación, á que asistiron, entre outros, o presidente da Confederación de Confrarías de Galicia, José Antonio Pérez Sieira, transcorreu sen a presenza de Martínez Lustres, «xa que se atopa abatido e sen forzas para asistir».

O acto foi aberto polo actor Miguel de Lira, quen escusou a presenza do afectado e deu paso ao patrón maior da Confraría, José Mariano Lago Louro, quen asegurou que «a opinión pública en xeral considera que a sentenza é moi dura e desmedida». Lago Louro destacou que Manuel Martínez é «un home apreciado e querido» pola xente do mar e por todos os veciños, ao que definiu como un home traballador, honrado e pai de familia con fillos menores a cargo. A confraría remarcou que o seu ingreso en prisión non repararía ningún dano e si supón unha grave situación de desamparo para a súa familia e «a indignación de todo o pobo».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha