Carnota | O antigo campo de fútbol de Lariño converterase nun gran espazo verde

Cedida.

A iniciativa, da man da Deputación e do Concello, permite dar solución ao impacto ambiental que ocasiona esta instalación deportiva abandonada na ZEC Monte e Lagoa de Louro coa creación dunha nova zona de lecer. As obras incluirán a demolición do peche perimetral e das edificacións auxiliares do campo de fútbol, e a construción dunha pista de pádel e a creación dun parque con sendeiros, arboredo e bancos. “O noso obxectivo é recuperar a zona para o lecer da veciñanza, cun proxecto respectuoso co medio ambiente e acorde co entorno, que axude a pór en valor a beleza paisaxística da zona”, afirmou o alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou tamén “o valor paisaxístico e medioambiental dun enclave tan emblemático na provincia da Coruña coma o entorno o Faro de Lariño” e felicitou ao goberno municipal por impulsar este proxecto para a recuperación ambiental da zona.