Carnota | Sonlilá presenta #FALA contra a violencia machista

1 minutes read
  • O proxecto, da artista TSZ Man Chan, reflexiona sobre o medo e o illamento das vítimas

A Asociación Sonlilá de Carnota continúa co seu labor da visibilización da violencia de xénero no rural, sobre todo na Costa da Morte. Unha visibilización moi necesaria para coñecer a crúa realidade.

Tal e como avanzabamos en nhdiario.net, con motivo do Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller, esta asociación puxo en marcha varias actividades para crear espazos propios e seguros dende os que combater a violencia machista.

Así, presentan #FALA, da artista TSZ Man Chan, quen a través deste proxecto reflexiona sobre o medo, o férreo control social e familiar sobre a vítima, o seu illamento ou o descoñecemento dos recursos de protección e atención.

#FALA_Video © 2020 TSZ Man Chan (Gyro Studio)