Carral | 20 denuncias nun día por suposto incumprimento das medidas sanitarias vixentes

Coche Garda Civil

A Garda Civil do Posto de Carral interpuxo un total de 20 denuncias por incumprimento das medidas sanitarias do Covid. Os feitos ocorreron este martes, no transcurso dos operativos realizados por esta Unidade para o control cumprimento das medidas sanitarias actuais.

Nos operativos mencionados, a forza actuante procedeu á verificación do cumprimento das medidas sanitarias vixentes en dous establecementos comerciais sitos nos municipios de Carral e Culleredo.

A Garda Civil procedeu á identificación dos clientes que se atopaban no seu interior, constatando que un total de vinte destas persoas incumpriron as restricións de mobilidade vixentes ao de realizar un desprazamento fora do termo municipal de residencia, sen causa xustificada para iso, polo que procedeu á confección das correspondentes actas denuncia por supostas infraccións á normativa sanitaria vixente.