A Duma rusa deu o visto e prace este martes para que o presidente Vladímir Putin poida utilizar a forza militar no exterior. Varios líderes europeos admitiron que xa hai tropas do Kremlin no leste de Ucraína despois de que Moscova recoñecese a independencia de Lugansk e Donetsk. Putin quitou validez aos pactos alcanzados para o fin da violencia na rexión: «Os acordos de Minsk foron asasinados moito antes o recoñecemento de onte das repúblicas populares do Donbás, e non por nós, non polos representantes destas repúblicas, senón polas actuais autoridades de Kiev.» A única solución para Putin é que a exrepública soviética rexeite entrar na OTAN. Tamén pediu o recoñecemento internacional de Crimea como parte de Rusia e o cesamento do envío de armas a Kiev.
39