Casado afirma que baixará o salario mínimo a 850 euros

O presidente do PP, Pablo Casado, enredouse este mércores tras asegurar que o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) situarase en 850 euros en 2020, tal e como acordou o Goberno do PP, o que suporía unha rebaixa de 50 euros con respecto a como está fixado na actualidade, que é de 900 euros, para matizar posteriormente que primeiro «sentará a negociar con patronal e sindicatos».

Nunha entrevista en Onda Cero, o candidato do PP á Presidencia do Goberno nas eleccións xerais do 28A indicou que o que fará se chega á Moncloa será «cumprir a negociación que chegou o Goberno con acordo da patronal e os sindicatos para subir o SMI, 850 euros no ano 2020».

Ese acordo ao que fixo referencia Casado é o que alcanzou o Goberno de Rajoy e segundo o cal, estableceuse unha senda de subida do SMI do 4% para 2018 (736 euros ao mes), do 5% para 2019 (773 euros) e do 10% en 2020 (850 euros). Con todo, o Executivo de Pedro Sánchez foi máis aló e decidiu subir o salario mínimo a 900 euros en 14 pagas este mesmo ano. Por iso, de facer efectivo, o acordo que alcanzou Mariano Rajoy, Casado baixaría o SMI en 50 euros o próximo ano.

Declaracións de Pablo Casado a Onda Cero Radio.

Entrevista completa a Pablo Casado. Fonte.- Onda Cero Radio

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha