38
- Ambos coincidiron este domingo nun acto celebrado en Oleiros.
- O líder do PPdeG fai fincapé en que a división do voto só trae a vitoria de quen quere dividir e entrega o Goberno ao desgoberno.
- Casado di que só o PP garante o desbloqueo político.
Feijóo, salientou que, o próximo dez de novembro, o Partido Popular sae a gañar en Galicia porque precisa dun Goberno ao que lle importen os galegos e que trate a todos os españois por igual.
Pola súa banda, o presidente do Partido Popular, Pablo Casado, dixo que da fragmentación do voto de centrodereita só se beneficia Pedro Sánchez. Segundo Casado, as eleccións do 10 de novembro van de desbloqueo e a única garantía de conseguilo é votando o PP.
Cabe destacar que as últimas enquisas publicadas en diferentes medios, apartarían a Feijóo da maioría absoluta na Xunta.