Casado e Rivera alertan dun goberno de Sánchez con Iglesias “dirixindo a economía”

Os líderes de PP e Ciudadanos fixeron referencia nos seus mitins deste domingo ao regreso de Pablo Iglesias á política e alertaron sobre un goberno do PSOE e Podemos. Concretamente, o presidente do PP, Pablo Casado, asegurou nun acto en Vigo, que un goberno entre Iglesias e Sánchez «é unha aventura que non podemos pagar», xa que asegura que as súas ideas «custan miles de empregos».

O presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, dixo este domingo que «con Iglesias dirixindo a economía» hai que «collerse os petos» e que «nos xogamos o diñeiro» cun «goberno Frankenstein» formado por Sánchez, Iglesias e as formacións independentistas.

Nun Encontro Cidadán en Zaragoza con outros candidatos ás eleccións, como a número uno por Barcelona ao Congreso, Inés Arrimadas, Rivera retou tamén a Sánchez a un debate, ao que di que o líder do PSOE «non se atreve» e «ten que pedir permiso» a Torra. Tamén desafiou a Pedro Sánchez e a Pablo Casado a dicir quen serán os seus ministros e afirmou que el ten «un equipo leal» a España.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha